Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 11 de novembro de 2003 Páx. 13.939

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación urxente, para a adquisición de mobiliario para as oficinas de emprego do Servicio Público de Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia. (Expediente 98/2003).

1. Entidade adxudicadora:Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: adquisición de mobiliario para as oficinas de emprego do Servicio Público de Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Lugar de entrega: nas oficinas de emprego que determine a Dirección Xeral de Formación e Colocación.

c) Prazo de entrega: 15 días naturais, contados desde a petición formulada polos responsables da Dirección Xeral de Formación e Colocación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: noventa e cinco mil cincocentos oitenta e sete euros (95.587 A, IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, edificio administrativo San Lázaro, s/n ; 15781, Santiago de Compostela; tfno: 981 54 56 50, fax: 981 54 69 69; www.xunta.es/contratacion.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional.

Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, edificio administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela.

9. Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas da consellería situada no enderezo indicado no punto 6 ás 9.30 horas do oitavo día natural, contado desde o día seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos dos anuncios: 9,56 euros/liña publicada no DOG.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2003.

Mª Jesús Yebra Biurrun

Secretaria xeral da Consellería de Asuntos Sociais,

Emprego e Relacións Laborais