Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 11 de novembro de 2003 Páx. 13.938

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ANUNCIO do 9 de outubro de 2003, da Dirección Xeral de Recursos Mariños, polo que se somete a información pública a petición do permiso de actividade para a posta en funcionamento e explotación dun establecemento auxiliar de cultivos mariños.

Para os efectos previstos na Lei 6/1993, de 11 de maio, de pesca de Galicia, no Decreto 193/1997, de 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares ubicados na zona terrestre, sométese a información pública a petición de permiso de actividade do establecemento que se describe:

Características do establecemento:

-Tipo: cetaria.

-Nome: Ángel Mariño Hermo.

-Actividade: mantemento de crustáceos vivos.

-Especies: crustáceos.

-Localización: Triñáns, 39, (Boiro), A Coruña.

-Solicitante: Ángel Mariño Hermo (DNI número 33230940-B).

O expediente, integrado polo proxecto e documentación complementaria, estará á disposición do público co fin de que calquera persoa física ou xurídica poida examinalo e achega-las alegacións e informacións que coide oportunas.

Prazo de exposición e para formular alegacións: 20 días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugar de exhibición: Servicio de Acuicultura. Dirección Xeral de Recursos Mariños. Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. Rúa do Valiño, 63-65, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

Horas: de 9.00 a 14.00 horas.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2003.

Javier Pereiro Muñoz

Director xeral de Recursos Mariños