Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 10 de novembro de 2003 Páx. 13.863

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA (SECCIÓN QUINTA)

EDICTO (175/2001).

Concepción Albes Blanco, secretaria da Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección Quinta, sede Vigo, certifico que na peza de apelación civil número 175/2001, dimanante dos autos arriba referenciados, recaeu sentencia do teor literal:

«A Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección Quinta, con sede en Vigo, constituída polos maxistrados Victoria Eugenia Fariña Conde, José Ferrer

González e Inmaculada de Martín Velázquez pronunciaron en nome de El-Rei a seguinte sentencia:

Sentencia número 365/2003.

En Vigo (Pontevedra), vinteseis de maio de dous mil tres.

A Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección Quinta, con sede en Vigo, viu en grao de apelación os autos de menor contía 175/2001 do Xulgado de Primeira Instancia número dez de Vigo, seguido entre partes, dunha como apelante-demandado, entidad Subilde, S.L., representado polo procurador Sr. Marquina Vázquez, e doutra, como apelado-demandante, Manuela Vázquez Turbón e María José Domínguez Vázquez, representadas polo procurador señor Vidal Ruibal e como apelado-demandados Francisco Lorente Rivas e Mutua Prima Fija Asemas, representada polo procurador Sr. Álvarez Pazos e José Sampedro Barreiro, representado pola procuradora Gloria Quintas e Entidade Vigorán, S.L., en situación procesual de rebeldía, sobre exercicio da acción de responsabilidade civil por danos, de contía indeterminada e (seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos).

Dictamino que estimando o recurso de apelación interposto por Subilde, S.L. contra a sentencia dictada no xuízo de menor contía número 106/2000, que se segue no Xulgado de Primeira Instancia número once de Vigo, revógase esta no único punto de absolver a Subilde, S.L. das pretensións contra ela formuladas, condenando a parte demandante ó pagamento das súas custas en primeira instancia.

Non se fai expresa imposición das custas desta segunda instancia.

Notifíqueselles, esta sentencia ás partes na forma establecida no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial.

Con testemuño desta resolución, devólvanse as actuacións ó xulgado de procedencia que xustificará a súa recepción.

Así, por esta nosa sentencia, da que se levará certificación á peza da sala nº 175/2001, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación á entidade demandada Vigorán, S.L. en ignorado paradoiro expido e asino esta notificación en Vigo, trece de xuño de dous mil tres.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE CARBALLO