Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 10 de novembro de 2003 Páx. 13.856

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2003 pola que se crean e modifican ficheiros de datos de carácter persoal da Universidade da Coruña.

O artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (LOPD), establece que a creación, modificación ou supresión de ficheiros das administracións públicas só poderán facerse por medio de disposición xeral publicada no Boletín Oficial del Estado ou diario oficial correspondente. Así mesmo, a disposición adicional primeira da LOPD ordena ás administracións públicas responsables de ficheiros aproba-la disposición de regulación destes ou adapta-la xa existente ás previsións da propia lei.

Na Universidade da Coruña faise necesaria a aprobación da pertinente disposición de regulación de ficheiros para a adecuación dos creados pola Resolución do 13 de febreiro de 1998 á LOPD, nos termos que establece o artigo 20.2º da LOPD.

Na súa virtude, en exercicio das atribucións que ten conferidas pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e polos estatutos da Universidade da Coruña, e co fin de cumpri-lo mandato legal do artigo 20 da LOPD, sobre creación e modificación de ficheiros que conteñan datos de carácter persoal xestionados pola Universidade da Coruña, e asegurarlles ós administrados o exercicio dos seus lexítimos dereitos, este rectorado

RESOLVEU:

Primeiro.-Os ficheiros da Universidade da Coruña serán os contidos no anexo desta resolución, adaptando os ficheiros contidos na Resolución do 13 de febreiro de 1998, ó disposto no artigo 20.2º da LOPD e indicando o nivel de medidas de seguridade básico, medio ou alto correspondente a cada un destes ficheiros, en aplicación do Real decreto 994/1999, do 11 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de medidas de seguridade dos ficheiros automatizados que conteñan datos de carácter persoal. Así mesmo, e co fin de facilita-lo coñecemento público dos ficheiros da universidade nunha soa disposición, incorpórase a esta resolución o creado pola Resolución do 15 de maio de 2002.

Segundo.-Créanse os ficheiros incluídos no anexo desta resolución, en cumprimento do establecido no artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Terceiro.-Os ficheiros que se indican no anexo rexeranse polas disposicións xerais e instruccións que se detallen para cada un deles, e estarán sometidos, en todo caso, ás normas legais e regulamentarias de superior rango que lles sexan aplicables.

Cuarto.-A aprobación da presente resolución non supón a supresión de ningún ficheiro de datos de carácter persoal, polo que non é necesaria a apli

cación do disposto no artigo 20.3º da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Quinto.-Quedan derrogadas as resolucións da Universidade da Coruña do 13 de febreiro de 1998 e 15 de maio de 2002, polas que se crean os ficheiros de datos de carácter persoal da universidade.

Sexto.-A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 22 de setembro de 2003.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

* Ficheiros de nova creación da Universidade da Coruña.

1º Xestión académica.

2º Xestión de recursos humanos.

3º Xestión económica.

4º Xestión bibliotecaria.

5º Xestión de actividades deportivas.

6º Xestión do voluntariado.

7º Xestión de estudiantes con discapacidade.

8º Sistema de Información do Vicerrectorado de Investigación.

9º Biblioteca Virtual Galega.

10º Promoción de emprego.

11º RIGA-UDC, Rexistro de Centros e Institucións de Investigación e Investigadores de Galicia na Universidade da Coruña.

* Ficheiro automatizado de xestión académica.

-Finalidade do ficheiro e usos previstos para este.

Xestión académico-administrativa de alumnos e solicitantes de ingreso: selectividade, preinscrición, matrícula, bolsas, expediente académico, doutoramento, posgrao, títulos. Ensino superior, bolsas e axudas a estudiantes. Estatísticas. Xestión do plan de organización docente. Censo electoral. Emisión da tarxeta de identificación universitaria. Seguridade e control de acceso a edificios. Teleformación.

-Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos.

Alumnos da Universidade da Coruña, solicitantes de ingreso. Cargos académico-administrativos de centros. Persoal docente e investigador.

-Procedemento de recollida dos datos de carácter persoal.

Formularios en soporte papel, transmisión electrónica de datos (a Internet), transferencias de datos vía telemática e en soporte informático.

-Estructura básica do ficheiro e descrición dos tipos de datos de carácter persoal incluídos nel.

Estructura de base de datos relacional.

Tipos de datos: de carácter identificativo, de características persoais, académicos, socioeconómicos, transaccións.

-Cesións de datos de carácter persoal e, se é o caso, as transferencias de datos que se prevexan a países terceiros.

-Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

-Consello de Coordinación Universitaria.

-Xunta de Galicia.

-INE.

-Seguridade Social.

-Entidades financeiras e de seguros colaboradoras.

-Órganos das administracións responsables do ficheiro.

Vicerrectorado de Innovación Tecnolóxica.

-Servicios ou unidades ante os que se puidesen exerce-los dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Vicerrectorado de Innovación Tecnolóxica

-Medidas de seguridade con indicación do nivel básico, medio ou alto esixible.

Nivel básico.

* Ficheiro automatizado de xestión de recursos humanos.

-Finalidade do ficheiro e usos previstos para este.

Xestión do persoal. Xestión de nómina. Formación de persoal. Acción social. Promoción e selección de persoal, oposicións e concursos. Control de incompatibilidades. Estatísticas. Censo electoral. Emisión da tarxeta de identificación universitaria. Prevención de riscos laborais. Seguridade e control de acceso a edificios.

-Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos.

Persoal da Universidade da Coruña: persoal docente e investigador, persoal de administración e servicios; familiares (cónxuxes e fillos) destes. Concursantes a prazas de profesorado e persoal non docente. Membros de tribunais externos.

-Procedemento de recollida dos datos de carácter persoal.

Datos facilitados polo interesado. Formularios en soporte papel.

-Estructura básica do ficheiro e descrición dos tipos de datos de carácter persoal incluídos nel.

Estructura de base de datos relacional.

Tipos de datos: de carácter identificativo, de características persoais, profesionais, de detalle de emprego e carreira administrativa, características do posto de traballo, económico-financeiros, de transaccións, infraccións e sancións, retencións xudiciais, afiliación sindical, minusvalidez.

-Cesións de datos de carácter persoal e, se é o caso, as transferencias de datos que se prevexan a países terceiros.

-Tesourería Xeral da Seguridade Social.

-Axencia Estatal de Administración Tributaria.

-Ministerio para as Administracións Públicas, Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, Ministerio de Sanidade e Consumo.

-Consello de Coordinación Universitaria.

-Xunta de Galicia.

-Mutuas, entidades financeiras e de seguros colaboradoras.

-Servicio de prevención externo.

-Órganos das administracións responsables do ficheiro.

Xerencia.

-Servicios ou unidades ante os que se puidesen exerce-los dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Xerencia.

-Medidas de seguridade con indicación do nivel básico, medio ou alto esixible.

Nivel alto.

* Ficheiro automatizado de xestión económica.

-Finalidade do ficheiro e usos previstos para este.

Xestión tributaria e de recadación. Xestión económica e contable (orzamentaria e financeira). Xestión de provedores e acredores. Xestión de tesourería. Xestión de inventario.

-Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos.

Comunidade universitaria (profesores, persoal de administración e servicios, alumnos), familiares (cónxuxes e fillos) destes. Provedores e acredores da Universidade da Coruña.

-Procedemento de recollida dos datos de carácter persoal.

Formularios en soporte papel, transmisión electrónica de datos (a Internet), transferencias de datos vía telemática e en soporte informático.

-Estructura básica do ficheiro e descrición dos tipos de datos de carácter persoal incluídos nel.

Estructura de base de datos relacional

Tipos de datos: de carácter identificativo, de características persoais, información comercial, económico-financeiros, transaccións, datos necesarios para o cálculo do % IRPF (minusvalidez, datos familiares).

-Cesións de datos de carácter persoal e, se é o caso, as transferencias de datos que se prevexan a países terceiros.

-Aduana.

-Axencia Estatal de Administración Tributaria.

-Consello de Contas.

-Entidades colaboradoras coa Universidade..

-Ministerios da Administración do Estado.

-Tribunal de contas.

-Xunta de Galicia.

-Órganos das administracións responsables do ficheiro.

Xerencia.

-Servicios ou unidades ante os que se puidesen exerce-los dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Xerencia.

-Medidas de seguridade con indicación do nivel básico, medio ou alto esixible.

Nivel alto.

* Ficheiro automatizado de xestión bibliotecaria.

-Finalidade do ficheiro e usos previstos para este.

Xestión de préstamos bibliotecarios. Xestión do préstamo interbibliotecario.

-Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos.

Comunidade universitaria (profesores, persoal de administración e servicios, alumnos) e usuarios externos autorizados que desexen usa-la biblioteca universitaria.

-Procedemento de recollida dos datos de carácter persoal.

Formularios en soporte papel. Carga directa do ficheiro de xestión académica e xestión de recursos humanos. Transmisión electrónica de datos.

-Estructura básica do ficheiro e descrición dos tipos de datos de carácter persoal incluídos nel.

Estructura de base de datos relacional.

Tipos de datos: de carácter identificativo.

-Cesións de datos de carácter persoal e, se é o caso, as transferencias de datos que se prevexan a países terceiros.

Non se prevén.

-Órganos das administracións responsables do ficheiro.

Vicerrectorado de Investigación.

-Servicios ou unidades ante os que puidesen exercitarse os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Vicerrectorado de Investigación.

-Medidas de seguridade con indicación do nivel básico, medio ou alto esixible.

Nivel básico.

* Ficheiro automatizado de xestión de actividades deportivas.

-Finalidade do ficheiro e usos previstos para este.

Xestión administrativa das actividades deportivas. Deportes.

-Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos.

Alumnos, persoal docente e investigador e persoal de administración e servicios.

-Procedemento de recollida dos datos de carácter persoal.

Formularios en soporte papel. Carga directa dos ficheiros de xestión académica e xestión de recursos humanos.

-Estructura básica do ficheiro e descrición dos tipos de datos de carácter persoal incluídos nel.

De carácter identificativo, de características persoais.

-Cesións de datos de carácter persoal e, se é o caso, as transferencias de datos que se prevexan a países terceiros.

Non se prevén.

-Órganos das administracións responsables do ficheiro.

Vicerrectorado de Estudiantes.

-Servicios ou unidades ante os que puidesen exercitarse os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Vicerrectorado de Estudiantes.

-Medidas de seguridade con indicación do nivel básico, medio ou alto esixible.

Nivel básico.

* Ficheiro automatizado de xestión do voluntariado.

-Finalidade do ficheiro e usos previstos para este.

Xestión administrativa de voluntarios: envío de información e control do tipo de servicio de voluntariado que están realizando.

-Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos.

Alumnos da Universidade da Coruña e calquera persoa interesada en colaborar nas actividades programadas.

-Procedemento de recollida dos datos de carácter persoal.

Formularios en soporte de papel.

-Estructura básica do ficheiro e descrición dos tipos de datos de carácter persoal incluídos nel.

Estructura de base de datos relacional.

Tipo de datos: de carácter identificativo, de características persoais e académicos.

-Cesións de datos de carácter persoal e, se é o caso, as transferencias de datos que se prevexan a países terceiros.

-Xunta de Galicia.

-ONG: Solidarios para el Desarrollo.

-Órganos das administracións responsables do ficheiro.

Vicerrectorado de Estudiantes.

-Servicios ou unidades ante os que se puidesen exerce-los dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Vicerrectorado de Estudiantes.

-Medidas de seguridade con indicación do nivel básico, medio ou alto esixible.

Nivel básico.

* Ficheiro automatizado de xestión de estudiantes con discapacidade.

-Finalidade do ficheiro e usos previstos para este.

Relación de estudiantes discapacitados que solicitan voluntarios para axudalos a moverse polo medio universitario.

-Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos.

Alumnos da Universidade da Coruña, que solicitan aquela colaboración.

-Procedemento de recollida dos datos de carácter persoal.

Formularios en soporte papel e soporte informático.

-Estructura básica do ficheiro e descrición dos tipos de datos de carácter persoal incluídos nel.

Estructura de base de datos de carácter relacional.

Tipo de datos: de carácter identificativo, de características persoais e académicos, saúde.

-Cesións de datos de carácter persoal e, se é o caso, as transferencias de datos que se prevexan a países terceiros.

Non se prevén.

-Órganos das administracións responsables do ficheiro.

Vicerrectorado de Estudiantes.

-Servicios ou unidades ante os que puidesen exercitarse os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Vicerrectorado de Estudiantes.

-Medidas de seguridade con indicación do nivel básico, medio ou alto esixible.

Nivel alto.

* Ficheiro automatizado SIVI. Sistema de Información do Vicerrectorado de Investigación.

-Finalidade do ficheiro e usos previstos para este.

Xestión informatizada dos currículum vitae profesionais dos investigadores que formen parte da Universidade da Coruña, e desenvolvan función de investigación.

-Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos.

Investigadores da Universidade da Coruña.

-Procedemento de recollida dos datos de carácter persoal.

Formularios en soporte papel, transmisión electrónica de datos (a Internet), transferencias de datos vía telemática e en soporte informático.

-Estructura básica do ficheiro e descrición dos tipos de datos de carácter persoal incluídos nel.

Estructura de base de datos relacional.

Tipos de datos: de carácter identificativo, de características persoais, académicos.

-Cesións de datos de carácter persoal e, se é o caso, as transferencias de datos que se prevexan a países terceiros.

Non se prevén.

-Órganos das administracións responsables do ficheiro.

Vicerrectorado de Investigación.

-Servicios ou unidades ante os que se puidesen exerce-los dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Vicerrectorado de Investigación.

-Medidas de seguridade con indicación do nivel básico, medio ou alto esixible.

Nivel básico.

* Ficheiro automatizado BVG: Biblioteca Virtual Galega.

-Finalidade do ficheiro e usos previstos para este.

Xestión e publicación, nun portal web, de datos referentes a escritores en lingua galega e ás súas

obras. Xestión administrativa de información de contacto dos escritores. Soporte da xestión da información por parte dos propios escritores. Soporte da comunicación e interacción entre os escritores e os seus lectores.

-Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos.

Escritores consagrados en lingua galega (en vida ou xa falecidos), vinculados a calquera xénero literario. Escritores noveles en lingua galega, que utilicen o portal como vía de publicación das súas primeiras obras literarias. Visitantes do portal web.

-Procedemento de recollida dos datos de carácter persoal.

Formularios en soporte papel, transmisión electrónica de datos (a Internet), transferencias de datos vía telemática e en soporte informático.

-Estructura básica do ficheiro e descrición dos tipos de datos de carácter persoal incluídos nel.

Estructura de base de datos relacional.

Tipos de datos: de carácter identificativo, de características persoais, opinións persoais.

-Cesións de datos de carácter persoal e, se é o caso, as transferencias de datos que se prevexan a países terceiros.

Non se prevén.

-Órganos das administracións responsables do ficheiro.

Vicerrectorado de Innovación Tecnolóxica.

-Servicios ou unidades ante os que puidesen exercitarse os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Vicerrectorado de Innovación Tecnolóxica.

-Medidas de seguridade con indicación do nivel básico, medio ou alto esixible.

Básico.

* Ficheiro automatizado de promoción de emprego.

-Finalidade do ficheiro e usos previstos para este.

Emparellamento de ofertas e demandantes de emprego, así como o seu tratamento estatístico, con fins de control interno e xustificación de actuacións. Promoción de autoemprego.

-Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos.

Estudiantes e/ou titulados recentemente solicitantes de emprego. Usuarios externos.

-Procedemento de recollida dos datos de carácter persoal.

Formularios en soporte papel, transmisión electrónica de datos (a Internet), transferencias de datos vía telemática e en soporte informático.

-Estructura básica do ficheiro e descrición dos tipos de datos de carácter persoal incluídos nel.

Estructura de base de datos relacional.

Tipo de datos: de carácter identificativo, características persoais, socioeconómicas, de formación e experiencia profesional.

-Cesións de datos de carácter persoal e, se é o caso, as transferencias de datos que se prevexan a países terceiros.

-Empresas ofertantes.

-Xunta de Galicia (Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais).

-Órganos das administracións responsables do ficheiro.

Vicerrectorado de Estudiantes.

-Servicios ou unidades ante os que puidesen exercitarse os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Vicerrectorado de Estudiantes

-Medidas de seguridade con indicación do nivel básico, medio ou alto esixible.

Nivel básico.

* Ficheiro automatizado RIGA-UDC. Rexistro de investigadores de Galicia na UDC.

-Finalidade do ficheiro e usos previstos para este.

Xestión informatizada dos currículum vitae profesionais dos investigadores que formen parte da Universidade da Coruña, e desenvolvan función de investigación.

-Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos.

Investigadores da Universidade da Coruña.

-Procedemento de recollida dos datos de carácter persoal.

Formularios en soporte papel, transmisión electrónica de datos (a Internet), transferencias de datos vía telemática e en soporte informático.

-Estructura básica do ficheiro e descrición dos tipos de datos de carácter persoal incluídos nel.

Estructura de base de datos relacional.

Tipos de datos: de carácter identificativo, de características persoais, académicos.

-Cesións de datos de carácter persoal e, se é o caso, as transferencias de datos que se prevexan a países terceiros.

Secretaría Xeral de I+D (Xunta de Galicia).