Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 07 de novembro de 2003 Páx. 13.804

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 24 de setembro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/286-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Domicilio social: r/ Nicaragua, nº 10-3º esq., 15005 A Coruña.

Denominación: recuamento L.M.T. e R.B.T. Gabenlle.

Situación: A Laracha.

Descricións técnicas: substitución de tramo aéreo na liña de media tensión, a 20 kV denominada L.M.T. A Laracha II-Igrexario Monte Maior por tramo subterráneo, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x95) mm Al, de 120 m de lonxitude, discorrendo polo lateral do camiño e lateral da estrada Ponte Rexidoira-praza de Baldaio p.k. 13+085 e final mesma liña en apoio, paso aéreo-subterráneo.

-Substitución tramo aéreo rede de baixa tensión, 380/220 V baixo tubo e con conductor R.V. de 90 m de lonxitude coa traza subterránea paralela a anterior. Concello da Laracha.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 24 de setembro de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña