Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 07 de novembro de 2003 Páx. 13.804

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 24 de setembro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/285-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Domicilio social: r/ Nicaragua, nº 10-3º esq., 15005 A Coruña.

Denominación: L.M.T. e C.T. e de seccionamento de Cancelo.

Situación: A Laracha.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 489 m de lonxitude, coa orixe no apoio de derivación a C.T. Reloxeiro e final no apoio ó lado do C.T. Iglesias.

-Liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 40 m de lonxitude, entre o apoio nº 0 da liña A Laracha-Cillobre-Proame e o apoio nº 1 da derivación o C.T. Igrexario San Román.

-Centro de transformación e de seccionamento, de Cancelo, en caseta prefabricada de formigón, de 100 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, así como de 3 celas en SF6. Concello da Laracha.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 24 de setembro de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña