Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 07 de novembro de 2003 Páx. 13.799

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2003, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se sinala a data dunha poxa de bens inmobles.

Autorizado por acordo desta dirección xeral, con data do 5 do setembro de 2003, o alleamento en pública poxa dos bens embargados no procedemento de constrinximento pola Zona de Recadación de Lugo como da propiedade do debedor Inversiones Patrimoniales Anbla, S.L. con NIF: B-27273556 que a continuación se describen:

* Lote 1:

Rústica Monte de Abelleira ou Roza Parceiros, a monte, que mide 1.321 metros cadrados e sita en Mazoi, municipio de Lugo. Lindeiros: norte, parcela 307; sur, parcela 381; leste predio 9002, e oeste, parcelas 309 e 311. É a parcela 322 do polígono 342, predio 98230, tomo 1427, libro 988, folio 128, do Rexistro de Propiedade de Lugo.

Valor: 39.630 A.

Cargas: 126.391,65 A.

Tipo: 24.151,9 A.

* Lote 2:

Rústica Campo das Cobras, a monte de 824 metros cadrados e sito en Mazoi, municipio de Lugo. Lindeiros: norte parcela 341; sur parcela 336; leste parcela 309 e oeste parcelas 347 e 358. É a parcela 340 do polígono 342, predio 98232, tomo 1427, libro 988, folio 130 do Rexistro da Propiedade de Lugo.

Valor: 9.888 A.

Cargas: 126.391,65 A.

Tipo: 9.888 A.

* Lote 3:

Rústica Leira pequena ou Debaixo de Espiñeira, labradío e toxal da superficie de 1.017 metros cadrados e sito en Mazoi, municipio de Lugo. Lindeiros: norte parcelas 342 e 310; sur parcela 340; leste parcela 309 e oeste parcela 345, 346 e 347, predio 98234, tomo 1427, libro 988, folio 131 do Rexistro da Propiedade de Lugo.

Valor: 12.204 A.

Cargas: 126.391,65 A.

Tipo: 12.204 A.

* Lote 4:

Rústica Leira grande de Espiñeira, a labradío da superficie de 8.295 metros cadrados e sito en Mazoi, do municipio de Lugo. É a parcela 309 do polígono 342. Lindeiros, norte parcelas 308, 340, e outra, sur parcela 311 e camiño; leste, parcelas 308, 307 e 311, e oeste parcelas 310, 341, 340 e 336. Predio 98236, tomo 1427, libro 988, folio 132 do Rexistro da Propiedade de Lugo.

Valor: 124.425 A.

Cargas: 126.391,65 A.

Tipo: 24.151,9 A.

De conformidade coa competencia atribuída polo artigo 7.1º f) do Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona.

DISPOÑO:

Que o día 1 de decembro de 2003, ás 10.00 horas, na sala de xuntas da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda en Lugo, r/ Ronda da Muralla nº 70, baixo a presidencia do delegado territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo, teña lugar a dita poxa.

Así mesmo, e en cumprimento do disposto no artigo 146 do Regulamento xeral de recadación, faise consta-lo seguinte:

1º Que consta en poder da Zona de Recadación de Lugo o expediente de constrinximento no que consta a titularidade dos bens poxados e o estado das súas cargas e gravames, onde poden ser examinados, debendo conformarse con eles, sen ter dereito a esixir outros, e que as cargas e gravames subsistentes, se os houbese, ó crédito dos executantes, continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

2º Que a poxa se suspenderá en calquera momento anterior á adxudicación de bens, se se fai o pagamento da débeda, xuros e custas do procedemento.

3º Os licitadores poderán enviar ou presenta-las súas ofertas en sobre pechado desde o anuncio de poxa ata unha hora antes do comezo desta, sen prexuízo de que poidan participar persoalmente na licitación con ofertas superiores á do sobre. As ditas ofertas, que terán o carácter de máximas, serán rexistradas no rexistro da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo, e deberán ir acompañadas de cheque conformado, estendido a favor do Tesouro da Facenda Pública de Galicia polo importe do depósito.

4º Que todo licitador deberá constituír ante a mesa de poxa o preceptivo depósito de garantía, que será polo menos do 20 por 100 do tipo daquela, coa advertencia de que o dito depósito se ingresará en firme no Tesouro se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos maiores prexuízos que sobre o importe orixine a inefectividade da adxudicación.

5º No caso de que non resulten adxudicados os bens nunha primeira licitación a mesa de poxa poderá realizar unha segunda licitación, se o xulga procedente, fixando o novo tipo de poxa no 75% do

importe da primeira licitación, ou ben anunciará a iniciación do trámite de adxudicación directa, que se levará a cabo de acordo co artigo 150 do Regulamento xeral de recadación.

6º Que o rematante ten a obriga de entregar no acto da adxudicación ou dentro dos cinco días seguintes, a diferencia entre o depósito constituído e o prezo de adxudicación.

7º Se quedasen bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa, por un prazo máximo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado, a partir dese momento, á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ó remate do prazo do mes desde o seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas, ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento, e así sucesivamente, co límite total de seis meses.

O prezo mínimo de adxudicación directa será o tipo de poxa en primeira licitación cando non se considerase procedente realizar unha segunda licitación; se existira segunda licitación, non haberá prezo mínimo.

8º A Consellería de Economía e Facenda reserva para si o dereito de pedi-la adxudicación para a Comunidade Autónoma de Galicia, do ben que non fora obxecto de venda, conforme o establecido no artigo 158 do Regulamento xeral de recadación.

9º O procedemento de constrinximento soamente se suspenderá nos termos e condicións sinalados nos artigos 135 e 136 da Lei xeral tributaria e 101 do Regulamento xeral de recadación.

En todo o non previsto neste anuncio haberá que aterse ó preceptuado nas disposicións legais que regulen o acto.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2003.

Joaquín Caballero Miranda

Director xeral de Tributos