Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Xoves, 06 de novembro de 2003 Páx. 13.746

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Empresarial de Productores de Leche de Galicia (Prolec de Galicia).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Empresarial de Productores de Leche de Galicia (Prolec de Galicia) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódolos agricultores e gandeiros que traballen directamente as súas explotacións de producción de leite de vaca, e desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

Asinan a acta de constitución: Francisco López Folgueira e sete persoas máis.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2003.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais