Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Xoves, 06 de novembro de 2003 Páx. 13.746

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se fai pública a iniciación do dereito de audiencia no expediente sancionador na orde social 138/2003.

Non atopándose no domicilio coñecido por esta delegación provincial o titular da empresa que se indica a seguir, resolvo notificar por este medio, ó abeiro do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte á súa publicación no DOG, durante o que poderá exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo

á resolución, nesta Delegación Provincial de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais de Lugo, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

Expediente: 138/2003.

Acta: 295/2003.

Empresa: Marketing de Lineales y Puntos de Venta, S.A.

NIF-DNI: A-80849631.

Domicilio: estrada N-VI, km 501,05, Lugo.

Materia: traballo.

Documentos que figuran no expediente: acta de infracción.

Proposta de sanción: 1.202,02 euros.

Lugo, 1 de outubro de 2003.

Ana Chao Vázquez

Delegada provincial de Lugo