Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Xoves, 06 de novembro de 2003 Páx. 13.721

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 30 de setembro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/305).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. e C.T.S. Alcalde Electo Carballo.

Situación: Culleredo.

Descricións técnicas: liña de media tensión eléctrica subterránea a 15 kV de 225 m, con orixe en L.M.T.S., C.T. urbanización Cordeda (expediente 121/2001) e final na L.M.T.S., C.T. urbanización Cordeda (expediente 121/2001), con conductor R.H.Z.1 12/20 kV 3(1x240) mm Al.

Centro de transformación prefabricado, Alcalde Electo Carballo nº 1, cunha potencia de 630 kVA e unha relación de transformación 15/0,380-0,220 kV.

Centro de transformación prefabricado, Alcalde Electo Carballo nº 2, cunha potencia de 630 kVA e unha relación de transformación 15/0,380-0,220 kV. Concello de Culleredo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 30 de setembro de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña