Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Xoves, 06 de novembro de 2003 Páx. 13.720

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 24 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se somete a información pública a petición de autorización e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/83-3).

En aplicación dos artigos 125 e 144 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se aproba

o regulamento de aplicación da Lei 54/1997, do sector eléctrico, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Valboa.

Situación: Boborás.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV, de 356 m de lonxitude, con orixe na liña de M.T. ó C.T. de Xurenzás e con remate no C.T. proxectado aéreo en Valboa, con 50 kVA e R/T 20.000/380-220 V rede de baixa tensión aérea de 1.300 m, derivada do C.T. Valboa. Rede de baixa tensión en Prado, derivada do C.T. existente en caseta, cunha lonxitude de 585 m.

A declaración de utilidade pública, conforme o artigo 54 da citada lei, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens e adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se considera de necesaria ocupación figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas, no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual, poderán presentar nesta delegación provincial as alegacións por duplicado, relativas á corrección de erros, limitacións á constitución de servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Decreto 1995/2000) e aquel outras que se consideren oportunas.

Ourense, 24 de setembro de 2003.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 03/83-3Provincia: Ourense

L.M.T., C.T. e R.B.T. ValboaTermo municipal: Boborás

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

3GrovelaMonte altoAlfonso Carballeda PinarAvda. Balneario, 3

32500 O Carballiño

--20320

14Os FerrosMonte altoIsabel Alonso Villar

e irmáns

Xurenzás, 1

32522 Boborás

43,2448768