Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Xoves, 06 de novembro de 2003 Páx. 13.715

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2003 pola que se aproba a relación definitiva de admitidos e excluídos nas probas selectivas para a provisión de sete prazas de técnicos superiores de tecnoloxías da información e comunicacións, vacantes no cadro de persoal laboral desta universidade, convocadas por Resolución do 17 de marzo de 2003.

Por resolución do rector do 14 de maio de 2003 (DOG do 23) fíxose pública a relación provisional

de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para a provisión de sete prazas de técnicos superiores de tecnoloxías da información e comunicación, vacantes no cadro de persoal laboral desta universidade.

Rematado o prazo de emenda dos motivos de exclusión ou omisión establecido na base 4ª da convocatoria e feitas as rectificacións oportunas.

Este rectorado

RESOLVEU:

Primeiro.-Declarar aprobada e facer pública a relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos, con expresión da causa de exclusión, ás citadas probas. A lista completa de aspirantes figurará exposta no taboleiro de anuncios do rectorado (Campus As Lagoas Marcosende) e nos rexistros dos campus de Ourense (unidade administrativa. Campus As Lagoas s/n, Ourense), Pontevedra (Facultade de Ciencias Sociais, Campus A Xunqueira s/n, Pontevedra) e Vigo (Rúa Oporto nº 1).

Segundo.-Convoca-los aspirantes admitidos para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición o día 2 de decembro de 2003 ás 17.00 h na aula B5 da ETSE de Telecomunicación (Campus As Lagoas-Marcosende, Vigo).

Os aspirantes deberán ir provistos do documento nacional de identidade para a súa debida identificación, lapis do nº 2, goma de borrar e bolígrafo.

Terceiro.-Establecer un prazo de tres días hábiles a partir do seguinte ó da realización deste exercicio para reclama-lo cuestionario deste.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o rector, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 20 de outubro de 2003.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO

CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO,

SECCIÓN SEGUNDA)