Publicada a lista provisional e resoltas as reclamacións ás puntuacións, procede publica-lo baremo definitivo no taboleiro de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nas delegacións provinciais así como na páxina web desta consellería.
En consecuencia, esta dirección xeral
RESOLVE:
Primeiro.-Facer público na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, nas delegacións provinciais e na páxina web desta consellería as puntuacións definitivas do baremo para prazas de interinidades e substitucións do corpo de profesores de música e artes escénicas na especialidade de danza.
Segundo.-Contra estas puntuacións definitivas poderá interpoñerse recurso de alzada no prazo dun mes, a partir do día seguinte da publicación deste anuncio no DOG, ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.
Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2003.
Severino Somoza Gómez
Director xeral de Persoal