Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Xoves, 06 de novembro de 2003 Páx. 13.698

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2003, da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa, pola que se procede a designa-los membros e a facer pública a composición do tribunal de selección que analizará e valorará as solicitudes dos aspirantes ós premios extraordinarios de formación profesional correspondentes ó curso 2002/2003.

En virtude da autorización conferida polo punto noveno da Orde do 20 de setembro de 2003 pola que se convocan premios extraordinarios de formación profesional correspondentes ó curso 2002/2003, e de conformidade co establecido no punto sexto desa orde, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Designa-los membros do tribunal de selección que analizará e valorará as solicitudes dos aspirantes ós premios extraordinarios de formación profesional correspondentes ó curso 2002/2003 e facer pública a súa composición, que é a que figura no anexo a esta resolución.

Segundo.-Por proposta do tribunal de selección, poderase designa-los especialistas necesarios para que asesoren o tribunal na valoración dos méritos dos aspirantes.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2003.

Alberto González Armesto

Director xeral de Centros e Ordenación Educativa

ANEXO

Tribunal de selección titular

Presidente: Faustino José Salgado López, subdirector xeral de Inspección Educativa.

Vocais:

Vicente Yáñez González, xefe do Servicio de Formación Profesional.

José Luis Vázquez Fernández, inspector de educación.

Luis Manuel Álvarez Martínez, inspector de educación.

Elisa Amoedo Barciela, inspectora de educación.

Manuel Reboredo Lavín, inspector de educación.

Begoña Potí Vázquez, profesora de ensino secundario.

Miguel Reza Pérez, profesor de ensino secundario.

Tribunal de selección suplente

Presidente: Jesús Álvarez Marcote, inspector de educación.

Vocais:

Antonio Castelao López, asesor da Dirección Xeral Formación Profesional e Ensinanzas Especiais.

Gonzalo Iglesias Varela, inspector de educación.

Félix Perujo de Llano, inspector de educación.

Jorge Rivera Gómez, profesor de ensino secundario.

César Corral Martínez, profesor técnico de formación profesional.

Manuel Guerra Fernández, profesor de ensino secundario.

Rafael Vázquez Gancedo, profesor de ensino secundario.