Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 05 de novembro de 2003 Páx. 13.688

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

MONTE LIBOREIRO, S.C.L.

ANUNCIO de disolución.

A cooperativa Monte Liboreiro, S.C.L., con NIF 36004661-F, en cumprimento do disposto no artigo 87.3º da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, fai público que o pasado 30 de maio ás 18.00 horas, en primeira convocatoria celebrouse no domicilio social asemblea universal extraordinaria de cooperativistas, na que se aprobou, por unanimidade o seguinte acordo: «por unanimidade apróbase a disolución da cooperativa, trala proposta do señor presidente fundamentada na vontade dos socios de non continuar coas operacións desta. De conformidade co anterior, por acordo unánime da xunta universal, ábrese nesta data o período de liquidación da cooperativa».

Cangas, 30 de setembro de 2003.

Pilar Lorenzo Parcero

Secretaria