Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 05 de novembro de 2003 Páx. 13.688

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

ANUNCIO do 22 de setembro de 2003, da Delegación Especial de Murcia, polo que se citan contribuíntes para seren notificados por comparecencia.

En virtude do disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, na redacción dada a este polo artigo 28 da Lei de medidas fiscais, administrativas e da orde social, Lei 66/1997, do 30 de decembro (BOE nº 313, do 31 de decembro) e intentada a notificación por dúas veces sen que puidese practicarse por causas non imputables á Administración tributaria, por este anuncio cítanse os suxeitos pasivos, obrigados tributarios ou representantes que se citan no anexo adxunto, para seren notificados por comparecencia dos actos administrativos derivados dos procedementos que nel se inclúen.

Os interesados ou os seus representates deberán comparecer para seren notificados no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ó da súa publicación no boletín oficial correspondente, en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, nos lugares que en cada caso se sinala (ver anexo).

Cando transcorrido este prazo non comparecesen, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Murcia, 22 de setembro de 2003.

Pedro Fuentes Álvarez

Xefe rexional da Delegación Especial de Murcia

ANEXO

Apelidos e nome: Cortés Santiago, Juan.

NIF/CIF: 46532098-Q.

Clave liquidación: C1100003150066260.

Procedemento: constrinximento.

Unidade: 30782.