Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 05 de novembro de 2003 Páx. 13.685

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO de poxa de obras.

O Concello de Cambre incoou expediente de contratación para a adxudicación por poxa da obra que a seguir se relaciona, incluída no Plan provincial de cooperación ás obras e servicios de competencia municipal e de rede viaria local adicional 3/2003.

Colector para a recollida de augas residuais en Altamira. Anceis.

Orzamento: 62.652,93 euros, IVE incluído.

O anuncio de licitación publicouse no BOP nº 250, do 30 de outubro do ano no que andamos.

Os interesados poderán obter información e consulta-los pregos e mailos proxectos no Departamento de Contratación, no primeiro andar da casa do concello, e obter copia dos pregos na páxina web www.dicoruna.es.

O prazo para presenta-las proposicións e demais documentación será de trece días naturais a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cambre, 30 de outubro de 2003.

P.D. (Resolución 26-6-2003)

Augusto Rey Moreno

Concelleiro delegado de Infraestructuras,

Transportes, Seguridade Cidadá e Protección Civil