Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 05 de novembro de 2003 Páx. 13.685

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 10 de outubro de 2003, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se lle notifica a Dolores Domínguez de Jesús o inicio do expediente de desafiuzamento por non ocupación, acordado no expediente de desafiuzamento administrativo (expediente DO-005/2003).

De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada, por comparecencia na que se lle dará coñecemento do contido íntegro do acto que se notifica.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de tramitación, Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situado na r/ Alcalde Hevia, núm. 7, 36071 Pontevedra, nun prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación desta cédula.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 10 de outubro de 2003.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-267 (expte. desaf.: DO-005/2003).

Cta.: 83.

Nome: Dolores Domínguez de Jesús.

Enderezo: A Seca, 83, baixo A, en Pontevedra.

Indicación do contido do acto que se notifica: acordo de inicio do procedemento administrativo de desafiuzamento por non ocupación, contra Dolores Domínguez de Jesús, e demais ocupantes da vivenda de promoción pública, identificada como expediente PO-267 cta. 83.

Recursos: contra o presente acordo que non é susceptible de recurso, o interesado dispón dun prazo de quince días, que se contarán a partir do seguinte ó da notificación deste acordo, para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións estime convenientes, e de se-lo caso, para propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse.