Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 04 de novembro de 2003 Páx. 13.636

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

ANUNCIO.

O Instituto Galego de Medicina Técnica abre o prazo de presentación de instancias para a confección das novas listas de candidatos para contratacións laborais temporais.

Todas aquelas persoas interesadas en participar no proceso de selección para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo no instituto (ATS/DUE, auxiliar de clínica, técnico especialista, auxiliar administrativo, auxiliar sanitario e de servicios xerais, e auxiliar sanitario), poden consulta-las bases da convocatoria a través da páxina web (www.medtec.org) ou nas oficinas do Instituto Galego de Medicina Técnica da Estructura Administrativa Medtec, Hospital do Meixoeiro, O Meixoeiro s/n (36200 Vigo). As consultas ou dúbidas serán atendidas das 9.00 ás 14.00 horas no teléfono 981 57 76 50.

O prazo de presentación de candidaturas será de 15 días naturais, contados a partir do día seguinte a esta publicación no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias anteriormente indicadas, en horario das 9.00 ás 14.00 horas.

Documentación que hai que presentar:

a) Modelo oficial de instancia (anexo 2).

b) Fotocopia do DNI.

c) Relación documental compulsada ou orixinal esixida na convocatoria.

Julio Villar

Director xerente do Instituto Galego

de Medicina Técnica, S.A.