Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 04 de novembro de 2003 Páx. 13.636

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso, con procedemento aberto, de asistencia á Deputación Provincial da Coruña para o control de calidade das obras incluídas no proxecto de rehabilitación do mosteiro de Caaveiro (A Capela).

1. Obxecto: o concurso ten por obxecto a contratación da asistencia a Deputación Provincial da Coruña para o control de calidade das obras incluídas no proxecto de rehabilitación do Mosteiro de Caaveiro (A Capela), que figuran a continuación, cos orzamentos, garantías e clasificacións que se relacionan:

Denominación da obra, lugar de execución: rehabilitación do mosteiro de Caaveiro (A Capela).

Orzamento, anualidades: 43.185,18 euros; ano 2003: 25.740,98 euros; ano 2004: 17.444,20 euros.

Prazo de execución: comprederá o prazo de execución da obra ampliado nun mes máis para a realización dos traballos de probas finais.

Clasificación: non se esixe.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: non se esixe.

2. Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

3. Proposicións: poderán presentarse no Servicio de Patrimonio e Contratación, en horas de 9.00 a 13.00, dentro do prazo dos oito días naturais que comezará a contar desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio no BOP ou DOG.

4. O texto íntegro do presente anuncio figura no BOP.

5. Gastos de anuncios: os gastos do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

A Coruña, 27 de outubro de 2003.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña