Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 04 de novembro de 2003 Páx. 13.604

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 29 de outubro de 2003 pola que se autoriza o inicio de actividades no centro residencial de atención a persoas maiores Concepción Arenal no concello da Coruña.

En virtude do disposto no artigo 29 da Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais, para a creación de centros de servicios sociais propios da Administración autonómica é necesaria unha norma con rango de decreto, sendo necesaria unha orde da consellería competente para o inicio de actividades.

Creado o centro residencial de atención a persoas maiores Concepción Arenal no concello da Coruña, polo Decreto 315/2003, do 3 de xullo, procede autoriza-lo inicio das súas actividades.

Por outra banda, e tendo en conta que a disposición derradeira primeira do antedito decreto autoriza a conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais para o seu desenvolvemento e execución.

DISPOÑO:

Artigo único.-Autorízase o inicio de actividades e a posta en funcionamento do centro residencial de atención a persoas maiores Concepción Arenal no concello da Coruña.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2003.

Mª José Cimadevila Cea

Conselleira de Asuntos Sociais,

Emprego e Relacións Laborais