Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 03 de novembro de 2003 Páx. 13.592

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COMPAÑÍA DE RADIO-TELEVISIÓN DE GALICIA

ANUNCIO.

A Compañía de Radio-Televisión de Galicia fai solicitude pública de ofertas para o seguinte expediente de concurso, procedemento aberto:

Expediente número 30954C: servicio de auditoría financeira e informe de existencias do ente público CRTVG e as súas sociedades Televisión de Galicia, S.A. e Radiotelevisión Galicia, S.A. dos exercicios 2003 y 2005, ambos inclusive.

Pregos de condicións: poderán ser examinados e recollidos polos interesados, en datas e horas de oficina (de 8.00 a 14.00 horas), no Servicio de Com

pras da Compañía de Radio-Televisión de Galicia e nas súas sociedades (teléfono: 981 54 08 55), sito no centro emisor de San Marcos, Santiago de Compostela, ou solicitados no enderezo de correo electrónico: sercom*crtvg.es.

Prazo de presentación de ofertas: o prazo para a presentación das proposicións será de quince (15) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

(Os gastos que orixine a publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario).

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2003.

Manuel Vázquez Vieites

Director xerente económico-administrativo