Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 03 de novembro de 2003 Páx. 13.591

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 2 de outubro de 2003, da Delegación Especial de Navarra, pola que se citan para seren notificadas por providencia de constrinximento determinadas persoas.

Por este edicto, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a seguir se insire non puideron ser atopados nos domicilios que figuran nos rexistros da Administración tribuaria ou a que as persoas autorizadas pola lexislación para se facer cargo das notificacións alegaron distintas causas para non as recolleren, faise sabe-lo seguinte:

Notifícaselles ós debedores, conforme o artigo 103 do Regulamento xeral de recadación (Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro), que, non tendo sido satisfeita a débeda de referencia no prazo de ingreso no período voluntario en virtude do establecido no artigo 127 da Lei xeral tributaria, o xefe da dependencia de recadación acordou:

«En uso das facultades que me confiren os artigos 100 e 106 do Regulamento xeral de recadación, liquido a recarga de constrinximento polo 20% do importe da débeda pendente e dicto providencia de constrinximento para que se proceda executivamente contra o patrimonio ou garantías dos debedores, en caso de non se produci-lo ingreso nos prazos sinalados no artigo 108 do citado regulamento».

Recursos.

Recurso de reposición perante o órgano que dictou a providencia de constrinximento, no prazo de 15 días contados desde o seguinte ó do recibo desta notificación ou reclamación económico-administrativa, ante o tribunal competente da dita xurisdicción, no mesmo prazo, sen que poidan simultanearse ámbolos recursos.

Motivos da impugnación.

O procedemento de constrinximento poderá impugnarse polos seguintes motivos (artigo 138.1º da Lei

xeral tributaria e artigo 99.1º do Regulamento xeral de recadación).

-Pagamento ou extinción da débeda.

-Prescrición.

-Aprazamento.

-Falta de notificación da liquidación ou anulación ou suspensión dela.

-Defecto formal no título expedido para a execución.

Suspensión de procedemento.

O procedemento de constrinximento, aínda que se interpoña recurso, só se suspenderá nos termos e condicións sinalados no artigo 101 do Regulamento xeral de recadación (Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro).

Solicitude de aprazamento.

Conforme establece o artigo 48 do Regulamento xeral de recadación, poderase aprazar ou fracciona-lo pagamento das débedas no período executivo.

A presentación das solicitudes de aprazamento ou fraccionamento efectuarase na delegación ou administracións da AEAT do territorio en que se deba efectua-lo pagamento.

Lugar de pagamento.

Na entidade que presta o servicio de caixa da delegación de Administración da AEAT.

Xuros de demora.

As cantidades debidas, excluída a recarga de constrinximento, devengarán xuros de demora desde o

día seguinte ó do vencemento da débeda en período voluntario ata a data do seu ingreso. O tipo de xuro fixarase de acordo co establecido nos artigos 58 da Lei xeral tributaria e 36 da Lei xeral orzamentaria, segundo se trate de débedas tributarias ou non tributarias respectivamente.

Custas.

En caso de se produciren custas no procedemento, a Administración cargaralle o seu importe ó debedor, conforme o establecido nos artigos 153 e 157 do Regulamento xeral de recadación.

Prazos para efectua-lo ingreso.

(Artigo 108 do Regulamento xeral de recadación).

a) Recibida a notificación entre os días 1 e 15 de cada mes, ata o 20 do dito mes ou inmediatamente hábil posterior.

b) Recibida a notificación entres os días 16 e último de cada mes, ata o 5 do mes seguinte ou inmediato hábil posterior.

Comparecencia en forma do interesado.

Advírteselle ó debedor que pode comparecer, en por si ou por medio de representante, no expediente executivo que se segue contra el. Transcorridos oito días desde a publicación deste anuncio sen comparecer en forma o interesado, terase por notificado de tódalas sucesivas dilixencias ata que remate a substanciación do procedemento sen prexuízo do dereito que o asiste a comparecer.

Pamplona, 2 de octubre de 2003.

Juan Antonio Moral Revilla

Delegado especial de Navarra

ANEXO

Datos do contribuínteConcepto/Descrición/Obx. Trib.Clave liquidaciónImporteF. pro.

constr.

A31010234

Industrias del Maíz, S.A.

r/ Bergal, s/n. S. Adrián

Sanción Exp.: 1999/LU-01273-O. P. Ter.C1100000270088225721,2114-9-2000