Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 03 de novembro de 2003 Páx. 13.588

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO.

Entidade adxudicadora: Concello da Estrada. Dependencia que tramita o expediente: Secretaría. Nº de expediente: 14/2003. Obxecto do contrato: prestación do Servicio de Axuda no Fogar. Lugar de execución: domicilios de persoas designadas dentro do concello. Prazo: 2 anos a partir da sinatura do contrato. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso. Orzamento base de licitación: ata 248.000 A. Hora de traballo: 8,50 A en días laborables e 10 A en festivos. Garantías: provisional: 4.960 A. Obtención de documentación: solicitándoa ó Departamento de Contratación; Praza da Constitución, nº 1, A Estrada. Teléfono: 986 57 01 65, ext: 320. Fax: 986 57 02 33. Data límite para solicitar documentación: os primeiros 12 días de presentación de plicas. Clasificación contratista: non se esixe. Presentación de ofertas: 13 días naturais seguintes á publicación do anuncio de licitación no DOG ou BOP, derradeira publicación. Lugar de presentación: Rexistro de Entrada do concello.

Documentación: a esixida no punto 6º do prego. Apertura de ofertas: o terceiro día seguinte hábil do último sinalado para a presentación, excepto sábados e festivos. Hora: 12. Obriga de mante-la oferta: 2 meses. Consulta de pregos: documentación en Internet: páxina web: www.aestrada.com/contratación.html. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Estrada, 16 de outubro de 2003.

Ramón Campos Durán

Alcalde