Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 03 de novembro de 2003 Páx. 13.588

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD 7/2003).

A Comisión de Goberno, en sesión realizada o 10 de outubro de 2003 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o estudio de detalle para defini-la rasante da vía local VL-POL-G2.01 e ordena-los volumes de cinco bloques de edificación situados entre a mencionada, vía e a Ronda de Montealto, no ámbito do polígono de solo urbano non consolidado Ronda de Montealto (código identificativo G2.01), promovido pola xunta de compensación do polígono.

Segundo.-Someter a información pública polo prazo de vinte días o estudio de detalle, anunciando tal exposición pública no Diario Oficial de Galicia e na prensa local. Durante o citado prazo os interesados poderán formular ó documento cantas alegacións teñan por conveniente.

Terceiro.-Notificar este acordo á xunta de compensación do polígono POL-G2.01.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes, durante o prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse na oficina de información do Servicio de Urbanismo, sito na rúa do Parque, s/n.

Os gastos desta publicación serán por conta do seu promotor.

A Coruña, 15 de outubro de 2003.

José Luis Méndez Romeu

Concelleiro delegado de Urbanismo