Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 03 de novembro de 2003 Páx. 13.586

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

EDICTO do 6 de outubro de 2003 polo que se lle comunica á empresa Portoflor, S.L. o incumprimento parcial do expediente I1/97.0182.6620.N.97000128, relativo á axuda ó abeiro do convenio de apoio financeiro ás Pemes 1997.

De conformidade co artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por este edicto ponse en coñecemento da empresa Portoflor, S.L., titular do expediente I1/97.0182.6620.N.97000128, relativo á axuda ó abeiro do convenio de apoio financeiro ás Pemes (Resolución do 28 de febreiro de 1997; DOG nº 58, do 25 de marzo), que con data do 1 de setembro de 2003 o presidente do Igape resolveu declarar incumpridas parcialmente as condicións de concesión da subvención por non quedar acreditado no expediente o pagamento da totalidade dos investimentos nin a creación do emprego comprometido, determinando, en consecuencia, a modificación da resolución de concesión, debendo reintegra-la cantidade de 5.791,31 euros, e suspendéndose o pagamento da subsidiación concedida mentres non conste reintegrada a cantidade debida.

Os actos obxecto deste anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. A resolución de incumprimento parcial non esgota a vía administrativa, e contra ela poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Facenda, no prazo dun mes desde a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia. O expediente pónselle de manifesto á entidade neste centro directivo sito en Santiago de Compostela; complexo administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica