Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 31 de outubro de 2003 Páx. 13.528

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 25 de setembro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/284).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. polígono industrial Costa Vella (alimentación exterior).

Situación: Santiago de Compostela.

Descricións técnicas: liñas eléctricas subterráneas de media tensión a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3 (1x240) mm Al.

Liña de 1.395 metros de lonxitude, con orixe na subestación de San Caetano, con entrada e saída no C.T. feira gando (particular) e final ó comezo do polígono industrial Costa Vella.

Liña de 1.930 metros de lonxitude, seguindo a mesma traza cá anterior, con orixe na subestación de San Caetano e final no límite do polígono industrial Costa Vella. Concello de Santiago de Compostela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 25 de setembro de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña