Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T.C. e R.B.T. de Vesía.
Situación: A Baña.
Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 10 m de lonxitude, coa orixe no tramo de liña existente ó C.T. San Salvador e ó C.T. Fampousa e final no C.T. Vesía, que se vai instalar.
Centro de transformación tipo intemperie sobre apoio de formigón, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Vesía do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e con con
ductor R.Z. de 150 m de lonxitude, que se conecta a rede existente no lugar. Concello da Baña.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 24 de setembro de 2003.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña