Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 31 de outubro de 2003 Páx. 13.526

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 2 de outubro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución do recurso de reposición número O-2002/0154, interposto por Julio Santos Álvarez contra outra dictada en expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó interesado, co último domicilio coñecido na Paz nº 10-1º A Cangas-Pontevedra, a resolución dictada polo secretario xeral por delegación do conselleiro en virtude da Orde do 21 de novembro de 2002 (DOG do 28 de novembro) do recurso de reposición nº O-2002/0154, da que a súa parte dispositiva di:

Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Desestima-lo recurso de reposición interposto por Julio Santos Álvarez, contra resolución do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, do 25 de abril de 2002, recaída no expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial tramitada no expediente nº O-2001/0175.

2. Ratifica-la devandita resolución en tódolos seus pronunciamentos.

Contra esta resolución que se transcribe definitiva en vía administrativa cabe recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, conforme co disposto no artigo 46.1º da citada Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O interesado dispón dun prazo de dez días, contado desde o seguinte ó da publicación desta cédula para examina-lo expediente na Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, situada nos edificios administrativos de San Caetano, en Santiago de Compostela.

O prazo de dous meses mencionado anteriormente contarase desde o día seguinte ó remate do prazo sinalado para o exame do expediente, ou da comparecencia para tal fin, se é o caso.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2003.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivienda