Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 31 de outubro de 2003 Páx. 13.509

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2003 pola que se substitúe o presidente da comisión encargada de resolve-lo concurso para a provisión da praza 233/2001, convocada por Resolución do 27 de novembro de 2001 (Boletín Oficial del Estado do 13 de decembro).

Transcorrido o prazo a que se refire o punto 8 do artigo 6º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, sen que se constituíse a comisión encargada de xulga-lo concurso para a provisión da praza 01/233, de profesor titular de universidade, área de enxeñería cartográfica, xeodesia e fotogrametría, convocada por Resolución do 27 de novembro de 2001 (BOE do 13 de decembro).

Este rectorado, en aplicación do disposto no artigo 7.1º do referido real decreto, resolve proceder á substitución do presidente titular da comisión, Rafael Ferrer Torío polo presidente suplente da mesma José María Lanaja del Busto.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contado desde a publicación da presente resolución no BOE.

A Coruña, 9 de outubro de 2003.

P.D. (Resolución 26-9-2003)

Eliseo Alfonso Barca Lozano

Rector da Universidade da Coruña en funcións