Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 30 de outubro de 2003 Páx. 13.470

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na sesión que tivo lugar o 12 de setembro de 2003, aprobou inicialmente o estudio de detalle para establece-lo sinalamento de aliñacións e rasantes e a ordenación de volumes para a parcela sita na rúa do Chope s/n, San Cibrao, Cervo (Lugo), sendo promotor Alfredo Fernández Díaz.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo de vinte días, durante o cal poderá ser examinado nas oficinas técnicas do Concello de Cervo (Lugo) e presenta-las reclamacións ou suxestións que se desexen.

Cervo, 23 de setembro de 2003.

José Insua Pernas

Alcalde