Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 30 de outubro de 2003 Páx. 13.469

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2003 pola que se anuncia concurso público 6/2003, polo procedemento aberto, trámite urxente, para a contratación dos expedientes que se citan.

Subministracións:

Expediente nº 2003/1037.

Obxecto: equipamento para un banco de probas de ensaio de motores térmicos.

Centro e localidade: Escola Universitaria Politécnica Serantes-Ferrol.

Importe da licitación: 35.524,50 euros.

Consultoría e asistencia:

Expediente nº 2003/4014.

Obxecto: inventario de bens mobles da universidade.

Centro e localidade: Campus da Coruña e Ferrol.

Importe da licitación: prezo unitario: 2,20 euros por elemento inventariado. Importe estimado 77.000 euros.

Expediente nº 2003/4015.

Obxecto: edición de 2.000 exemplares do libro: Igrexas Mosteirais de Galicia.

Centro e localidade: ETS de Arquitectura, A Zapateira, A Coruña.

Importe da licitación: 33.000 euros/ano.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Universidade da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Administración.

c) Número de expediente: o indicado para cada expediente.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: a indicada para cada expediente.

b) División por lotes e número:

c) Lugar de entrega/execución: A Coruña ou Ferrol, segundo o especificado en cada expediente.

d) Prazo de entrega/execución (meses): os arriba sinalados.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento de licitación:

a) Importe total: os indicados para cada expediente.

b) Prima: a indicada para cada expediente.

c) Canon: o indicado para cada expediente.

5. Garantías:

a) Provisional: a indicada para cada expediente.

b) Definitiva: a indicada para cada expediente.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Universidade da Coruña. Servicio de Contratación e Administración.

b) Enderezo: rúa Mestranza, 9.

c) Localidade e código postal: 15001 A Coruña.

d) Teléfono: 981 16 70 00.

e) Telefax: 981 16 70 12.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó da finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: Universidade da Coruña. Rectorado. Rexistro xeral.

2º Enderezo: rúa Mestranza, 9.

3º Localidade e código postal: 15001 A Coruña.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: admítense ata tres variantes.

8. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Universidade da Coruña.

b) Enderezo: rúa Mestranza, 9.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: terceiro día seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións; se este día fose inhábil ou sábado, realizarase o seguinte día hábil.

e) Hora: 11.00 horas.

9. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios a rateo.

A Coruña, 21 de outubro de 2003.

P.D. (Resolución 30-3-1990)

Víctor M. Cabrera Sánchez

Xerente