Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 30 de outubro de 2003 Páx. 13.437

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

ORDE do 23 de outubro de 2003 pola que se modifica a do 12 de setembro pola que se regulan axudas ás familias nas que se produce un parto múltiple, adopción ou acollemento preadoptivo de varios menores.

A Orde do 12 de setembro de 2003 (DOG nº 184, do 23 de setembro), da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado regula as axudas

ás familias nas que se produce un parto múltiple, adopción ou acollemento preadoptivo de varios menores, establecendo na súa exposición de motivos que na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003 na aplicación 14.02.212A.480.0 existe partida orzamentaria consignada pola contía de 90.000 euros para as axudas que se establecen no seu articulado.

Resultando que hai un remanente de crédito de 120.355 euros na dita aplicación, estímase axeitado modifica-la orde de axudas no que respecta á contía dedicada ó seu financiamento, a cal resultará incrementada co dito remanente.

De acordo con todo o anterior e no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Modifica-lo parágrafo sexto da exposición de motivos da Orde do 12 de setembro de 2003 pola que se regulan axudas ás familias nas que se produce un parto múltiple, adopción ou acollemento preadoptivo de varios menores, quedando a nova redacción nos seguintes termos:

«Con este fin, na Lei 6/2002, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, na aplicación 14.02.212A.480.0 existe partida orzamentaria consignada pola contía de 210.355 euros para as axudas que se establecen no articulado da presente orde».

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a directora xeral de Familia para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instruccións necesarias para o desenvolvemento e execución desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2003.

Pilar Rojo Noguera

Conselleira de Familia, Xuventude, Deporte

e Voluntariado