Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 30 de outubro de 2003 Páx. 13.429

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 9 de outubro de 2003 pola que se conceden axudas a alumnos e profesores de centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos, que participen en estadías e intercambios con centros educativos doutros países para favorece-la aprendizaxe activa de linguas.

Por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 17 de febreiro de 2003 (DOG do 28 de febreiro), convocáronse axudas para alumnos e profesores de centros públicos docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos que participen en estadías e intercambios con centros educativos doutros países para favorece-la aprendizaxe activa de linguas.

Vista a proposta da comisión de selección prevista no artigo sétimo da citada orde,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder, con cargo ó concepto orzamentario 07.04.322T.480.0 da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, as axudas que se relacionan no anexo I, que se presentaron no segundo prazo dos establecidos no punto quinto.1 da Orde do 17 de febreiro (DOG do 28 de febreiro), por importe total de 113.463,90 euros.

Segundo.-Recoller no anexo II as axudas denegadas.

Terceiro.-De acordo co artigo noveno da orde de convocatoria as axudas serán aboadas da seguinte forma:

Para as axudas que non superen o importe de 6.000 euros, no momento da concesión poderá acordarse un anticipo de pagamento de ata un 80%, logo de aceptación da subvención. O 20% restante librarase unha vez rematada a actividade e logo da súa completa xustificación económica por parte do centro e entrega da memoria de actividades, achegando certificación respecto da percepción ou non doutras axudas e subvencións para a mesma finalidade, para efectos do disposto no artigo 78.3º da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. Nas axudas que superen esta cantidade o pagamento realizarase integramente unha vez rematada e xustificada a actividade.

Cuarto.-De acordo coa normativa vixente, os beneficiarios quedan obrigados a:

1. Acepta-la axuda concedida. Neste sentido, se no prazo de quince días, contados a partir da recepción da comunicación pola que se notifica a concesión da axuda, o centro beneficiario non a acepta, entenderase que renuncia á súa percepción.

2. Facilita-la información requirida e someterse ás accións de comprobación ou control financeiro que poida efectua-la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e os organismos competentes.

3. Xustifica-lo correcto investimento das axudas recibidas, mediante a presentación da seguinte documentación:

3.1. Memoria. Os centros beneficiarios enviarán unha memoria das actividades realizadas que inclúe:

I. Resumo do desenvolvemento da actividade realizada.

II. Obxectivos conseguidos.

III. Procedemento de avaliación utilizado, resultados obtidos e difusión que se realizou deles. A memoria estará acompañada dunha certificación do director do centro no que se faga consta-lo nome e número de DNI do profesor responsable do proxecto e dos profesores que o acompañaron na viaxe. Igualmente engadirase unha certificación de ter ou non ter subvención ou axuda para a mesma finalidade procedente de calquera outra Administración ou ente público.

3.2. Xustificación de gastos efectuados.

Os centros educativos enviarán unha certificación do Consello Escolar do centro aprobatoria do gasto, xuntando unha relación detallada dos gastos efectuados, así como unha certificación de ter ou non ter subvención ou axuda para a mesma finalidade procedente de calquera outra Administración ou ente público.

Quinto.-Contra a presente orde os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais para dictar tantas disposicións sexan precisas para o desenvolvemento correcto desta orde.

Segunda.-A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

SOLICITUDES CONCEDIDAS

PROXECTOS LINGÜÍSTICOS

CENTRODATA INICIODATA FINALPROF.ALUMN.SUBVENCIONPAIS

IES CASTRO ALOBRE11-11-200320-11-20032202.808,00 EUROSPORTUGAL
COLEXIO MARISTA CRISTO REY6-9-200327-9-20032156.513,00 EUROSEE.UU.
IES DE TEIS31-10-20039-11-20032104.024,80 EUROSSUECIA
IES ISAAC DIAZ PARDO22-3-20034-4-20032205.857,80 EUROSITALIA
IES R PUGA RAMON31-3-200311-4-20031143.129,00 EUROSFRANCIA
COL. MIRALBA. FILLAS DE XESUS24-10-20032-11-20032205.857,80 EUROSITALIA
IES ORTIGUEIRA1-11-200310-11-20032204.578,60 EUROSFRANCIA
IES MONTE CASTELO2-5-200311-5-20032286.138,60 EUROSFRANCIA
IES FERMIN BOUZA BREY29-3-200310-4-20032224.968,60 EUROSFRANCIA
COLEXIO COMPAÑIA DE MARIA4-10-200315-10-20032205.857,80 EUROSALEMAÑA
IES DE TOMIÑO8-10-200317-10-20033306.867,90 EUROSFRANCIA
IES SANCHEZ CANTON9-9-20035-10-20032146.146,40 EUROSEE.UU.
IES MONTE DA VILA16-10-200326-10-20031103.572,40 EUROSFINLANDIA
IES A XUNQUEIRA 26-10-200318-10-20032173.993,60 EUROSFRANCIA
COLEXIO APOSTOL SANTIAGO9-5-200321-5-20031102.928,90 EUROSR. UNIDO
IES SALVATERRA DE MIÑO30-9-20039-10-20031132.874,30 EUROSFRANCIA
IES PAZO DA MERCE30-9-20039-10-20031112.484,30 EUROSFRANCIA
IES ARZOBISPO XELMIREZ 113-6-200322-6-20032133.213,60 EUROSFRANCIA
IES ARZOBISPO XELMIREZ 128-2-20039-3-20032173.993,60 EUROSFRANCIA
IES A PARALAIA27-11-20036-12-20032144.336,80 EUROSSUIZA
IES CAMPO DE SAN ALBERTO29-9-20038-10-20032246.871,80 EUROSR. UNIDO
IES A GUIA13-11-200323-11-20032185.350,80 EUROSR. UNIDO

VISITAS PREPARATORIAS E DE ESTUDIO

CENTRODATA INICIODATA FINALPROF.SUBVENCIONPAIS

CEIP PEPE DE XAN BAÑA20-2-200322-2-20031351 EUROSPORTUGAL
IES CAMPO DE SAN ALBERTO25-9-200330-9-20031780 EUROSRUMANIA
IES CAMPO DE SAN ALBERTO30-4-20035-4-20031663 EUROSR. UNIDO
CEIP VISTA ALEGRE30-4-20035-4-20031780 EUROSNORUEGA
IES BECERREA20-11-200323-11-20031663 EUROSAUSTRIA
ACEESCA7-7-200313-7-20031663 EUROSITALIA
IES RIBEIRA DO LOURO29-6-20036-7-20031780 EUROSMALTA
COLEXIO COMPAÑIA DE MARIA4-9-20037-9-20031663 EUROSALEMAÑA
IES CASTRO ALOBRE28-9-20031-10-20031351 EUROSPORTUGAL
CEIP DE ROXOS20-2-200322-2-20031351 EUROSPORTUGAL
IES ALEXANDRE BOVEDA1-2-20035-2-20031663 EUROSALEMAÑA
CPI A XUNQUEIRA25-10-200330-10-20031546 EUROSFRANCIA
EOI IDIOMAS SANTIAGO22-9-200327-9-20031702 EUROSREP. CHECA
CEIP FROEBEL6-10-200311-10-20031663 EUROSITALIA
CEIP A CUQUEIRA-CARBALLEDO13-10-200320-10-20031546 EUROSFRANCIA
CPI ALTAMIRA11-9-200324-9-20031546 EUROSFRANCIA
CEIP DE PETELOS15-10-200319-10-20031663 EUROSALEMAÑA

INTERCAMBIOS DE PROFESORES

CENTROPROFESORDATA INICIODATA FINALSUBVENCIONPAIS

IES EDUARDO PONDALEMILIA FIGUEIRAS RODRIGUEZ4-9-200316-9-2003721,50 EUROSR. UNIDO

ANEXO II

SOLICITUDES DENEGADAS

PROXECTOS LINGÜÍSTICOS

CENTROPAISCAUSA DA EXCLUSION

IES XELMIREZ IIHUNGRIARENUNCIA
IES ARCEBISPO XELMIREZ IHUNGRIARENUNCIA
IES DO CASTROR.UNIDOFORA DE PRAZO
IES CAMPO DE SAN ALBERTORUMANIANON CUMPRE OS REQUISITOS
IES CACHEIRASIRLANDAFORA DE PRAZO
IES ALMIRANTE SALVADOR

MORENO

FRANCIACONCEDIDO PROXECTO COMENIUS 1.2
IES TERRA DE SONEIRASUECIACONCEDIDO PROXECTO COMENIUS 1.2

VISITAS PREPARATORIAS E DE ESTUDIO

CENTROCAUSA DA EXCLUSION

IES MARQUES DE SUANCESRENUNCIA
IES CAMPO DE SAN ALBERTORENUNCIA