Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 29 de outubro de 2003 Páx. 13.413

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/565-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. polígono industrial Vila de Cruces.

Situación: concello de Vila de Cruces.

Descricións técnicas: dúas L.M.T. subterráneas a 20 kV con conductor tipo R.H.Z., unha de 100 m de lonxitude con orixe en POR702 (Cruces)-apoio CH 1600/15 proxectado e remate no C.T. proxectado e outra de 460 m de lonxitude con orixe neste C.T. e remate no apoio CH 1600/17,5 proxectado. C.T. de 400 kVA R.T. 20 kV/380-220 V, situado no polígono de Vila de Cruces.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 17 de setembro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra