Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 29 de outubro de 2003 Páx. 13.412

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/560-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.D. polígono da Granxa, parcela 64.

Situación: concello do Porriño.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15 kV con conductor tipo R.H.V. de 50 m de lonxitude, con orixe na galería do polígono A Granxa, entre os CC.TT. nº 2 e 3, e remate no punto de orixe. Centro de seccionamento situado na parcela 64 do polígono A Granxa, no concello do Porriño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 15 de setembro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra