Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 29 de outubro de 2003 Páx. 13.407

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de poxa, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, da obra de clave RC-PO-03.16.

a) Obra.

1. Pontón na PO-308 Pontevedra-A Lanzada, en Magor. T.M. Sanxenxo.

Clave: RC-PO-03.16.

Orzamento: cento corenta e dous mil oitenta e oito euros con seis céntimos (142.088,06 euros).

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación: grupo B, subgrupo 3, categoría d.

Garantía provisional: non se esixe.

(Declarada urxente consonte o establecido no artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Servicio de Contratación, en Pontevedra, rúa Alcalde Hevia, nº 7-3º, teléfonos de información 986 80 56 42 e 986 80 56 43.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixiráselle ó adxudicatario do contrato unha garantía definitiva por importe do 4% do orzamento de adxudicación.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberanse presentar en sobre pechado no rexistro da Delegación Provincial en Pontevedra da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

O prazo de admisión das proposicións remata ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizaraa a mesa de contratación ás once horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Delegación Provincial en Pontevedra da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

g) Outras informacións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto 10.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Pontevedra, 20 de outubro de 2003.

José Manuel González Álvarez

Delegado provincial de Pontevedra