a) Obra.
-Título: ampliación paso baixo FEVE, p.k. 115+960. Burela (Lugo).
Clave: LU-C-03-01.
Orzamento: cento catorce mil cento cincuenta e tres euros con corenta e un céntimos (114.153,41 A).
Prazo de execución: 3 meses.
Clasificación: grupo B, subgrupo 2, categoría d.
Garantía provisional: non se esixe.
-Título: ampliación paso baixo FEVE, p.k. 113+260. Burela (Lugo).
Clave: LU-C-03-02.
Orzamento: cento once mil oitocentos setenta e dous euros con seis céntimos (111.872,06 A).
Prazo de execución: 3 meses.
Clasificación: grupo B, subgrupo 2, categoría d.
Garantía provisional: non se esixe.
-Título: ampliación paso baixo FEVE, p.k. 112+160. Burela (Lugo).
Clave: LU-C-03-03.
Orzamento: oitenta e cinco mil cincocentos sesenta e catro euros con cincuenta e nove céntimos (85.564,59 A).
Prazo de execución: 3 meses.
Clasificación: grupo B, subgrupo 2, categoría c.
Garantía provisional: non se esixe.
(Declarada urxente consonte o establecido no artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).
b) Documentos de interese para os licitadores.
O prego de cláusulas administrativas particulares e o proxecto da obra que se relaciona e demais documentos de interese estará de manifesto e ó dispor dos licitadores para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, na Ronda da Muralla, nº 70-2º (Lugo).
c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.
Esixirase a fianza provisional indicada no punto a) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 35 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño), e unha garantía definitiva equivalente ó catro por cento (4%) do orzamento de contrata.
As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación vixente.
d) Modelo de proposición.
Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.
e) Prazo e lugar de presentación das proposicións.
As proposicións deberán dirixirse en sobre pechado no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Lugo, ben persoalmente ou ben envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.
O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
f) Apertura das proposicións.
A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do sétimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Delegación Provincial da Consellería da Presidencia, edificio administrativo de Lugo.
g) Outras informacións.
A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1).
h) Documentos que deberán presenta-los licitadores.
Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.
Lugo, 17 de outubro de 2003.
Antonio Boné Pina
Delegado provincial de Lugo