Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 29 de outubro de 2003 Páx. 13.403

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (168/2003).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 168/2003, por instancia de Pilar Couso Reigosa e outras contra Cartex 2001, S.L. sobre cantidade, nos que recaeu sentencia, con data do 24 de setembro de 2003, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que estimando a demanda promovida por Pilar Couso Reigosa, Purificación Santiso Seijo e Elena López López contra Cartex 2001, S.L., debo condenar e condeno a demandada a que aboe ás demandantes, por tódolos conceptos reclamados en demanda, as cantidades seguintes: a Pilar Couso Reigosa, 1.783,89 euros; a Purificación Santiso Seijo, 2.160,77 euros y a Elena López López, 2.537,65 euros.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, é indispensable que, ó tempo de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba diante deste xulgado do social o xustificante acreditativo de ter despositado na conta aberta en Grupo Banesto (Banco Español de Crédito, S.A. e Banco de Victoria, S.A.) co número 5.605 0000 60 0168 03, a cantidade obxecto de condena, poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non se poderá ter por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Deberase consignar, ademais, a cantidad de 150,25 euros na mesma conta 5.605 0000 65 0168 03 e entrega-lo xustificante na

secretaría, ó tempo de interpoñe-lo recurso, que se declarará desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada. Definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación á empresa Cartex 2001, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, 24 de setembro de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado