Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 29 de outubro de 2003 Páx. 13.402

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2003 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza número 01/150 de profesor titular de universidade convocado por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados o presidente e o vocal secretario por esta universidade e realizado o oportuno sorteo establecido no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Coordinación Universitaria os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade número 01/150, convocado por Resolución do 13 de novembro de 2001 (BOE do 27 de novembro), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberase constituír nun prazo non superior a catro meses, contado desde a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 3 de outubro de 2002.

P.D. (Resolución 26-9-2003)

Eliseo Alfonso Barca Lozano

Rector da Universidade da Coruña en funcións

Praza de: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: xenética.

Praza nº: 01/150.

Comisión titular:

Presidenta: Méndez Felpeto, Josefina, catedrática de universidade. Universidade da Coruña.

Secretario: Pérez de la Vega, Marcelino, catedrático de universidade. Universidade de León.

Vocais:

Pérez Eslava, Arturo, catedrático de universidade. Universidade de Salamanca.

Real García, María Dolores, profesora titular de universidade. Universidade de Valencia (Estudi General).

González Matilla, Ana María, profesor titular de universidade. Universidade da Laguna.

Comisión suplente:

Presidente: Jouve de la Barreda, Nicolás G., catedrático de universidade. Universidade de Alcalá de Henares.

Secretaria: Puertas Gallego, M. Jesús, catedrática de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Vocais:

Frutos Illán, M. Rosa de, catedrática de universidade. Universidade de Valencia (Estudi General).

Domínguez Sanjurjo, Ana María, profesora titular de universidade. Universidade de Oviedo.

Carracedo Cabanas, M. del Carmen, profesora titular de universidade. Universidade de Oviedo.