Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 28 de outubro de 2003 Páx. 13.348

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (55/2003).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, da fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 55/2003, por instancia de María Luisa Couto Castiñeiras contra Cartex 2001, S.L. sobre cantidade, nos que recaeu sentencia con data do 24-9-2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decido que, estimando a demanda promovida por María Luisa Couto Castiñeiras contra Cartex 2001, S.L., debo condenar e condeno a demandada a que lle aboe á demandante a cantidade de 961,20 euros por tódolos conceptos reclamados en demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación á empresa Cartex 2001, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 24 de setembro de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado