Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 28 de outubro de 2003 Páx. 13.347

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (698/2003).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño de que nos autos seguidos perante este xulgado do social, tramitados baixo o número 698/2003 por instancia de Rosa Otero Gallego, contra o Grupo de Empresas Edek, S.L., con intervención do Fogasa, sobre despedimento, se dictou a seguinte sentencia:

«Na cidade da Coruña, 24 de setembro de 2003.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 698/2003, seguidos por instancia de Rosa Otero Gallego, maior de idade, asistida polo letrado Mario Páez Álvarez, contra o Grupo de Empresas Edek, S.L., que non compareceu nos autos con intervención do Fogasa, representado e asistido pola letrada Mª Paz Gómez Álvarez, sendo o obxecto da reclamación, despedimento.

(Seguen feitos e fundamentos de dereito).

Decido que, estimando a demanda interposta por Rosa Otero Gallego, intervindo o Fogasa, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado pola empresa Grupo de Empresas Edek, S.L. e extinguida a relación laboral na data da presente resolución, condenando a empresa a lle aboar á demandante a cantidade de 311,22 euros en concepto de indemnización, máis 3.112,17 euros por salarios de tramitación.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta, deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, co número de conta 0030-6349-0000-5603, clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E, así mesmo, deberá, no momento de interpo-lo recurso, consigna-la cantidade de 150,25 euros en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa, que ten o seu domicilio descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación na Coruña, 24 de setembro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado