Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 28 de outubro de 2003 Páx. 13.346

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO CINCO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (440/2001).

Carmen Iglesias Fungueiro, maxistrada-xuíza con destino no Xulgado de Primeira Instancia número cinco da Coruña, dou fe de que neste xulgado se seguen autos de xuízo verbal civil número 440/2001, sobre reclamación de cantidade, nos que se dictou a sentencia que no encabezamento e parte dispositiva ten o teor literal seguinte:

«Sentencia.-Na Coruña, 5 de decembro de 2001.

Carme Amelia Gomá García, maxistrada-xuíza con destino no Xulgado de Primeira Instancia número cinco desta cidade, viu os autos de xuízo verbal civil número 440/2001 sobre reclamación de cantidade, por instancia de Telefónica de España, representada polo procurador sr. Guimaraens Martínez, asistido do letrado Aquilino Yáñez, contra Infraestructuras de Galicia, Insolux Wat, S.A., representada pola procuradora sra. Real Ruiz, asistida do letrado sr. Pereira Casas e contra Caser Grupo Asegurador, representado polo procurador sr. Amenedo Martínez, asistido da letrada sra. Tapia Porto, e

Decido que debo estimar parcialmente a demanda formulada pola representación de Telefónica de España contra Infraestructuras y Canalizaciones de Galicia, S.L., e Insolux Wat, S.L., condenando estes últimos a aboaren solidariamente ó demandante a cantidade de 239.325 pesetas e xuros legais; e absolvo a Caser Grupo Asegurador de tódolos pedimentos da demanda, sen facer expresa imposición en custas. Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña, que se deberá preparar no prazo de cinco días, desde a súa notificación mediante escrito redactado na forma disposta polo artigo 457 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil, que se deberá presentar ante este xulgado.

Lévese testemuño da presente resolución ós autos da súa referencia e o seu orixinal arquívese no mazo de sentencias deste xulgado. Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación a Infraestructuras y Canalizaciones de Galicia, S.L., e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula na Coruña, 12 de decembro de 2001.

A secretaria

Rubricado