Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 28 de outubro de 2003 Páx. 13.345

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2003, da División de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso nas clases de inspectores médicos e subinspectores sanitarios do Servicio Galego de Saúde, relativos á puntuación do primeiro exercicio e á celebración do segundo exercicio da fase de oposición.

O número 3 da base sexta A) da resolución do 14 de abril de 2003 (DOG nº 81, do 28 de abril), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas clases de inspectores médicos e subinspectores sanitarios do Servicio Galego de Saúde, dispón

que os diversos exercicios da fase de oposición se realizarán no lugar ou lugares e á hora que se fixe nun acordo que o respectivo tribunal publique no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, de conformidade co seu número 6, de oficio ou con base nas reclamacións presentadas, os tribunais poderán anular algunha ou algunhas preguntas dun exercicio, substituíndoas polas correspondentes preguntas de reserva.

Adoptado acordo polos respectivos tribunais sobre anulación, se é o caso, de preguntas do primeiro exercicio da fase de oposición e a publicación das puntuacións outorgadas nel ós aspirantes, así como sobre o lugar, a data e a hora de realización do segundo exercicio da fase de oposición, procede agora darlle publicidade no Diario Oficial de Galicia, ademais de expoñe-las listaxes correspondentes nos taboleiros de anuncios dos servicios centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servicio Galego de Saúde, facultándose para isto expresamente este centro directivo, polo que

RESOLVE:

Primeiro.-Publica-las puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ó primeiro exercicio da fase de oposición das clases de inspectores médicos e subinspectores sanitarios do Servicio Galego de Saúde.

Segundo.-Modifica-las seguintes preguntas deste primeiro exercicio:

-Clase de inspectores médicos: anula-la pregunta nº 125, que será substituída pola pregunta reserva nº 151.

-Clase subinspectores sanitarios: modifica-la resposta correcta da pregunta nº 37, que será a B.

Terceiro.-Convoca-los aspirantes que superaron o primeiro exercicio das clases de inspectores médicos e subinspectores sanitarios para a realización do segundo exercicio da fase de oposición o vindeiro día 5 de novembro de 2003, ás 16.00 horas, na Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa Madrid, 2-4 de Santiago de Compostela.

Cuarto.-O chamamento será único e serán excluídos do concurso-oposición os aspirantes que non comparezan, debendo ir provistos necesariamente do documento nacional de identidade, permiso de conducir ou pasaporte e bolígrafo.

Quinto.-Contra esta resolución poderá presentarse reclamación, perante o tribunal, no prazo de cinco días naturais contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2003.

José Ignacio Lema Piñeiro

Director xeral da División de Recursos Humanos