Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 28 de outubro de 2003 Páx. 13.345

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 9 de outubro de 2003 pola que se modifica a do 8 de agosto de 2003, pola que se fai pública a lista dos opositores que superaron os procedementos selectivos convocados pola Orde do 28 de febreiro de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 14 de marzo), para ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas e profesores técnicos de formación profesional e procedemento de adquisición de novas especialidades polos funcionarios de carreira dos anteditos corpos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertido erro na citada orde publicada no DOG nº 162, do venres, 22 de agosto de 2003 cómpre efectua-la seguinte modificación:

No anexo I (funcionarios do mesmo corpo que adquiriron novas especialidades), páxina 10.814:

Excluír a Juan Manuel Neira Fernández, DNI 76350971, corpo de profesores de ensino secundario, disciplina procesos de producción agraria (590115).

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria