Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 27 de outubro de 2003 Páx. 13.288

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2003 pola que se modifica a do 30 de abril, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se convocan exames ordinarios para a obtención de carnés profesionais no ano 2003.

Na Resolución do 30 de abril de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, publicada

no DOG nº 88, do 8 de maio, regúlanse, entre outras cuestións, a composición dos tribunais cualificadores.

Desde a publicación da citada resolución de convocatoria de exames producíronse cambios na situación administrativa dalgúns funcionarios que formaban parte dos tribunais, o que fai necesario a designación de novos membros, en substitución dos que se fan constar na devandita resolución.

En consecuencia, e en virtude da competencia que me atribúe o artigo 5 da Orde do 27 de decembro de 2000, da Consellería de Industria e Comercio

RESOLVO:

Modificar parcialmente a composición do tribunal número 10, designando como secretario e secretaria suplente deste os seguintes membros:

Tribunal nº 10:

Secretario: Félix Queija Pérez.

Secretaria suplente: Isabel Álvarez Janeiro.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL