Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 24 de outubro de 2003 Páx. 13.231

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

DECRETO 383/2003, do 23 de outubro, polo que se dispón que cese Francisco Javier Pereiro Muñoz como director xeral de Recursos Mariños.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos e logo

de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintetrés de outubro de dous mil tres,

DISPOÑO:

Que cese, por pase a outro destino, Francisco Javier Pereiro Muñoz como director xeral de Recursos Mariños, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, vintetrés de outubro de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos