O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 1-9-2003, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle para a ordenación de volumes na parcela sita na rúa Montirón, 82-84, promovido por Promociones Carmen de Ángel Varela, S.L. O acordo de aprobación definitiva do citado PERI foille comu
nicado á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia con data do 18-9-2003, en cumprimento do establecido no artigo 92.3º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.
Lugo, 19 de setembro de 2003.
P.D. (Decreto Alcaldía 56/2003)
José Ramón Gómez Besteiro
Tenente-alcalde delegado da área