Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 23 de outubro de 2003 Páx. 13.221

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 1-9-2003, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle para a ordenación de volumes na parcela sita entre a ronda das Fontiñas e rúa Primavera, 4, promovido por Promociones Carmen de Ángel Varela, S.L.

O acordo de aprobación definitiva do citado PERI foille comunicado á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia con data do 18-9-2003, en cumprimento do establecido no artigo 92.3º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Lugo, 19 de setembro de 2003.

P.D. (Decreto Alcaldía 56/2003)

José Ramón Gómez Besteiro

Tenente-alcalde delegado da área