Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 23 de outubro de 2003 Páx. 13.220

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO CORGO

ANUNCIO.

O Pleno, en sesión extraordinaria do 10 de outubro de 2003, aprobou os pregos de cláusulas administrativas particulares e pregos de prescricións técnicas que rexerán a contratación, polo procedemento aberto e sistema de concurso, da elaboración do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Corgo e cartografía analítica adaptado á Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural.

O que se fai público durante un prazo de oito días durante os cales se poden presentar cantas reclamacións se consideren oportunas.

Se dentro do devandito prazo se producisen reclamacións contra o prego, suspenderase a licitación e o prazo para presentación de proposicións, reiniciándose o que reste a partir do día seguinte ás resolucións daquelas.

O mesmo tempo anúnciase a licitación do citado contrato de obras:

-Obxecto do contrato:

Elaboración do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Corgo e cartografía analítica adaptado á Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural.

-Lugar de execución: Concello do Corgo.

-Prazo de execución: entrega do documento preparado para a aprobación definitiva antes do 31 de marzo de 2006. O contrato considerarase rematado cando o PXOM estea definitivamente aprobado.

-Orzamento de licitación: 94.995,95 A.

-Tramitación: urxente.

-Procedemento: aberto.

-Forma: concurso.

-Garantías: provisional: 2% orzamento de licitación: 1.899,92 A.

-Información: no Concello do Corgo (Lugo).

-Presentación de proposicións: as proposicións entregaranse inescusablemente en man no Rexistro de Entrada do concello no prazo de oito días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste edicto no BOP de Lugo ou no DOG.

O Corgo, 10 de outubro de 2003.

José A. Ferreiro González

Alcalde